Manuel Rivas obtén a Medalla ao Mérito nas Belas Artes

O produtor musical Jesús López nado en Ferrol tamén está entre os condecorados polo Goberno do Estado

O xornalista e escritor Manuel Rivas (A Coruña, 1957) e o produtor musical Jesús López (Ferrol, 1955) veñen de ser escollidos como dous dos 33 merecedores das Medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes que concede o Goberno de España. Así o decidiu o Consello de Ministros, a proposta do ministro de Cultura e Deporte. Este galardón distingue a persoas e entidades que destacaran no campo da creación artística e cultural o prestasen notorios servizos no fomento, desenvolvemento ou difusión da arte a cultura ou na conservación do patrimonio artístico. Outros nomes galegos que anteriormente recibiron estes recoñecementos foron o de Antón Reixa, Isaac Díaz Pardo, Roberto Verino, Luz Casal ou a Olaría de Buño, entre outros.

De Manuel Rivas, o Consello de Ministros recoñece a un dos escritores galegos con maior proxección internacional. A laudatio lembra a súa calidade como Membro da Real Academia Galega, e os múltiples premios literarios recibidos así como o feito de que algunhas das súas obras fosen levadas ao cine en varias ocasións. Sobre o ferrolán Jesús López, produtor musical, din de el que está recoñecido internacionalmente, e indican que é un innovador e pioneiro da industria da música latina. Lembra o goberno que durante máis de catro décadas López ten traballado cos artistas máis relevantes da industria de la música latina, "identificando talentos e movementos musicais como La Movida Madrileña, Radio Futura, Nacha Pop, Alaska y Dinarama ou Molotov". Responsable de operacións de Universal Music Group para o mercado mundial de fala hispana e portuguesa.